Okurigana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]() |
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
Okurigana (送り仮名, literalmente "letras acompañantes") son sufixos kana seguidos por kanji en oracións xaponésas escritas. O seu uso é darlle inflexións aos adxectivos ou verbos, un okurigana nun verbo pode indicar o tempo do mesmo (pasado ou presente/futuro), darlle un significado afirmativo ou negativo, ou agregarlle un nivel de cortesía. Na actualidade o 'okurigana' escrébese con hiragana, o uso de katakana era común no pasado.
Un exemplo de okuriganas podemos aplicalas ao verbo escribir (kaku, 書く), na súa forma rentaikei, engádelle ao kanji ka (書), o okurigana ku (く) que esta escrito en hiragana. Usando este mesmo kanji podemos obter máis inflexións do verbo.
- kakimasu (書きます) - forma cordial básica.
- kakimasen (書きません) - forma negativa
- kaita (書いた) - conxugación en pasado