Olga Baclanova
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Olga Vladimirovna Baklanova (Moscova 1896 – Vevey, Suíza 1974) foi unha actriz rusa.
Estudou drama no Instituto Cherniavsky e en 1912 entra no Teatro Artístico Musical de Moscova e aparece en filmes rusos.
En 1925 durante unha estadía en Nova York deserta e decide continuar a súa carreira nos Estados Unidos, converténdose nunha actriz popular pola súa actuación en filmes mudos, en especial The Docks fo New York (1928), pero cando coa chegada do son, o público non gustou do seu acento ruso, e quedou relegada a papeis secundarios, agás no filme Freaks (1932), onde interpreta unha actriz de circo e que moitos anos despois se converteu nun filme de culto. En 1943 realiza o seu último filme.