Organismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un ser vivo, tamén chamado organismo é un conxunto de átomos e moléculas que forman unha estrutura material moi organizada e complexa, na que interveñen sistemas de comunicación molecular, que relacionanse co medio ambiente cun intercambio de materia e enerxía dunha forma ordenada e que desempeña as funcións básicas da vida que son a nutrición, a relación e a reprodución, de tal maneira que os seres vivos atúan e funcionan por sí mesmos sen perder o seu nivel estrutural.
A materia que compón os seres vivos está formada nun 95 % por catro átomos que son o carbono, hidróxeno, oxíxeno e nitróxeno, a partir dos cales formanse as moléculas tanto orgánicas ou biomoléculas como inorgánicas.
Estas moléculas repitense constantemente entro dos seres vivos, polo que a orixe da vida procede dun antecesor común fai moitos millóns de anos sobre a Terra.
Tódolos seres vivos están constituidos por células. No interior destas realizanse as secuencias de reaccións químicas necesarias pra vida.