Organización de Estados Americanos
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Índice |
[editar] Orixe
En 1826, Simón Bolívar convoca en Panamá un primeiro congreso dos novos países independentes polo que se establece o Tratado de Unión Perpetua. A primeira Conferencia Internacional de Estados Americanos tivo lugar en Washington D. C. entre 1889 e 1890 e creou a Unión Internacional de Repúblicas Americanas, cunha oficina comercial permanente.
Durante a IX Conferencia celebrada na cidade de Bogotá o 30 de abril de 1948, vinteuna nacións asinaron a Carta Fundacional pola que se establecía a Organización de Estados Americanos.
[editar] Idiomas oficiais
Español, francés, inglés e portugués.
[editar] Funcionamento
A Asamblea Xeral reúnese cada ano. Un consello Permanente composto por un representante de cada Estado está presidido polo país de turno segundo a orde alfabética dos países en español. Existe un Secretariado Xeral para coordinar as accións de tódolos órganos.
[editar] Organismos asociados
- Instituto Interamericano de Estatística
- Comisión Interamericana de Enerxía nuclear
- Consello Interamericano de Defensa
[editar] Dirección
Organization of american States
1889 F St. NW
Washington D. C. 20006
United States
Teléfono:(202) 458 3000