Os Cangrexeiros
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os cangrexeiros é unha formación musical, encadrada dentro do xénero tradicional da música galega. Afincada na parroquia de Taragoña (A Coruña), sendo tódolos seus compoñentes nados na mesma parroquia. Os membros do grupo, son ex-compoñentes da Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña.
Os instrumentos que empregan son: Gaita galega, caixa, e bombo como partes fundamentais da agrupación; podendo incrementarse o número de instrumentos con: pandeireta, multigüiro, violín, guitarra eléctrica e acustica, claves, charrasco, culleres, clarinete e acordeón.
Este grupo de Taragoña, interpretan principalmente temas da cultura tradicional galega, así como música popular, mais tamén empregan no seu repertorio temas de orixe doutros países, principalmente Portugal e Escocia.
Os compoñentes principais da agrupación taragoñés son os seguintes:
Antonio Tembra Picón (Gaita)
Francisco Lopez Resúa (Gaita)
Ismael Alonso Tubío (Gaita)
Xosé Luis Tembra Peneireiro (Caixa)
Miguel Vicente Sobradelo Gil (Bombo)
[editar] Historia
A historia dos cangrexeiros remontase, ó ano 1991, cando os membros do grupo comezaron a recibir clases de música tradicional no Centro Cultural e Deportivo de Taragoña, onde uns anos despois fundaríase a “Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña”. Durante este longo período, ata o ano 2001, os membros do grupo estiveron vencellados dun xeito directo á banda taragoñesa, sendo nese mesmo ano, cando por distintas inquedanzas e motivos parte da banda orixinal deixou paso ás novas xeracións de gaiteiros.
Nese ano 2001, foi cando os cangrexeiros como grupo tradicional comeza a súa andaina, no eido musical de xeito de xeito independente, inda que seguían e seguen ligados indirectamente á “Banda de Gaitas Buxaina de Taragoña” onde naceron e formáron-se coma músicos.
Logo de cinco anos actuando polas distintas vilas e corredoiras da comarca da Barbanza e arredores, a finais do ano 2006, “Os Cangrexeiros” dan un paso mais aló e constitúense como Asociación Xuvenil e fixan o seu local de ensaio na aula de música do edificio de C.C.D. De Taragoña.