Ourizo de mar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O ourizo de mar é un animal mariño pertencente á clase dos equinodermos (do grego echinos, "espiñas", e derma, "pel").
[editar] Morfoloxía
Recoñécense por teren un aspecto máis ou menos esférico e estaren recubertos de espiñas. A única parte que está exenta de espiñas é a boca, que está situada na parte inferior da esfera, a cal leva a rentes do chan. Ten un esquelete calcario, de calcio, moi duro e que queda descuberto cando o animal morre.
[editar] Locomoción
Como medio de locomoción emprega as espiñas, as cales son móbeis.
[editar] Sexualidade
Tódolos equinoideos son dioicos, existen un macho e unha femia diferenciados. O macho posúe púas longas, delgadas e agudas, mentres que a femia tenas curtas e romas.