Palacio de María Pita
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Edificio ecléctico construído entre os anos 1904 e 1912, proxectado pola arquitecto Pedro Mariño, que ocupa a fronte norte da praza de María Pita. Atópanse nel diversas dependencias administrativas do Concello. O Salón de plenos, os despachos do Alcalde e dos concelleiros e o Museo do Reloxo. Tamén é chamado Palacio Municipal. Sobre a súa arcada ten escrito en castelán: "Á moi noble e moi leal cidade da Coruña, chave, garda, forza e antemural do Reino de Galicia".