Palma de Mallorca
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Palma, ou tamén Palma de Mallorca ou La Ciutat (de Mallorca) (A Cidade), é a capital da Comunidade Autónoma das Illas Baleares. Cando Quinto Cecilio Metelo funda a cidade nomeouna Palma. Durante o período islámico denomínase Madina Mayurqa. Con o rei Xaime I chámase Mallorca. Con o Decreto de Nova Planta recuperou oficialmente o nome romano, que, tamén oficialmente, no século XIX, se transformou en Palma de Mallorca; desde 1998 é oficialmente só Palma. Por antonomasia tradicionalmente os mallorquíns a denominan simplemente La Ciutat (A Cidade). A súa poboación é de 375.048 habitantes (INE 006).
[editar] Xeografia
O termo municipal de Palma ten unha superficie de 21.355,844 hectáreas e limita con os termos de Calvià, Puigpunyent, Esporles, Valldemossa, Bunyola, Marratxí, Santa Eugènia, Algaida, Llucmajor e o Mar Mediterráneo.
Corresponde ao termo municipal de Palma o arquipélago de Cabrera, formado polas illas de Cabrera, Conillera, els Estells, l'Imperial, Rodona, Foradada, Plana, Pobra e outros illotes menores.
[editar] Clima
Palma goza de clima mediterráneo cunha temperatura media anual de 17ºC e unha media anual de precipitacións de 450 l/m2.
1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | TOTAL |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Temp. máxima (ºC) | 15,1 | 15,5 | 17,1 | 19,2 | 23,3 | 27,4 | 30,8 | 31,0 | 27,7 | 23,2 | 18,8 | 16,1 | 22,1 |
Temp. mínima (ºC) | 3,5 | 3,8 | 4,5 | 6,5 | 10,5 | 14,6 | 17,3 | 18,2 | 15,9 | 12,2 | 7,6 | 5,2 | 10,0 |
Precipitacións (mm) | 36 | 32 | 28 | 34 | 27 | 16 | 7 | 16 | 48 | 68 | 48 | 46 | 410 |