Paraquat
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Paraquat é un herbicida non selectivo, de contacto, empregado para o control de plantas emerxidas, tanto de folla ancha como estreita. É absorbido polas partes verdes da planta, non sendo absorbido polas raíces nin polas cortizas maduras. Emprégase na destrución aérea de plantacións de marihuana e coca. Entre os herbicidas de uso comercial extenso, é o máis tóxico para as persoas. Frecuentemente asóciase a un emético para provocar o vómito, caso de ser inxerido por persoas ou animais.