Partido Comunista Portugués
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Partido Comunista Portugués (PCP) é um partido comunista de Portugal, fundado en 1921, de estrutura e ideoloxía marxista-leninista.
É un dos partidos políticos máis antigos e con máis historia. Ten deputados na Asemblea da República e no Parlamento Europeo, onde integra o grupo Esquerda Unitaria Europea - esquerda Verde Nórdica. O seu líder histórico é Álvaro Cunhal, que foi substituído en 1992 por Carlos Carvallhas. O líder desde 2004 é Jerónimo de Sousa.
O partido foi fundado en 1921 como sección portuguesa da Internacional Comunista (Comitern). Ilegalizado no fin dos anos 20, o PCP tivo un papel fundamental na oposición ao réxime ditatorial de António de Oliveira Salazar. Durante estas cinco décadas, o PCP participou activamente na oposición ao rexime e era o partido (clandestino naquela época) máis organizado e máis forte da oposición. foi suprimido constantemente pola policía política, a PIDE. Após a Revolución dos Caraveis, en 1974, os 36 membros do seu Comité Central, en conxunto, tiñan xa cumprido máis de 300 anos de prisión.
Após o fin da ditatura, o partido tornouse nunha das principais forzas políticas do novo rexime democrática, principalmente entre os traballadores, e continúa popular en vastos sectores da sociedade portuguesa, particularmente nas áreas rurais do Alentexo e Ribatexo e áreas industrializadas como Lisboa e Setúbal, onde lidera varios municipios.
O PCP publica o semanario Avante!, fundado en 1931 e a revista bimensal O Militante.