Paul Breitner
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul Breitner (nado o 5 de setembro de 1951 en Kolbermoor, Alemaña) foi un futbolista alemán.
O seu alcume era "Afro-Paule" Breitner debido ao seu famoso peinado afro durante a súa época de xogador.
É un dos grandes futbolistas xermanos de tódolos tempos, sendo 48 veces internacional. Os seus clubes foron o Bayern Múnic (70-74 e 78-83) e o Real Madrid (74-78). Foi campión de liga co Bayern nos anos 1972,1973,1974,1980 e 1981, da copa en 1971 e 1982 e da Copa de Europa en 1974. Co Real Madrid gañou a liga en 1975 e 1976, a Copa en 1975 e a Copa da UEFA en 1974.
Coa selección alemana foi campión de mundo en 1974 e subcampión en 1982. Nas Eurocopas tamén foi campión no ano 1980.
A día de hoxe traballa coma comentarista en televisión e columnista.