Paul D'Amour
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Paul d'Amour (nacido o 8 de xuño de 1968 en Spokane, Washington) foi o baixista orixinal da banda de rock Tool.
Orixinalmente tocaba a guitarra e foi invitado a Tool polo guitarrista Adam Jones. Ao igual que Adam, Paul estaba en Los Angeles porque desexaba traballar no mundo do cine. Cando foi invitado a entrar na banda xa facía tempo que non tocaba, e estaba pensando en deixar a música. Paul estaba a miúdo de mal humor, polo cal a música de Tool encaixou perfectamente con el.
En 1995, Paul deixou amigablemente Tool, xa que desexaba facer algo máis experimental. Despois da súa saída formou a banda de pop psicodélico Lusk con Brad Laner, Chris Pitman (agora en Guns N' Roses) e o ex-membro de Failure Greg Edwards (agora en Autolux). En 1997 editaron o seu único traballo ata a data, titulado Free Mars.
Anteas da súa saída de Tool, Paul tamén tocou a guitarra nun proxecto paralelo chamado Replicants, unha banda de versións que contaba con Ken Andrews e Greg Edwards de Failure, e tamén con Chris Pitman. Eles editaron un disco autotitulado en 1995, onde Maynard James Keenan fixo unha colaboración.