Pedro Pascual
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pedro Pascual comeza desde moi novo o seu contacto coa música galega, descubrindo posteriormente o jazz, o tango e outras músicas do mundo. Está ademais de Marful directamente ligado a proxetos como Nuke Trio (con Germán Díaz), Talabarte (con Kin García e Quim Farinha de Berrogüetto). Ten colaborado con notabeis artistas do panorama das músicas de raíz como Leilía, Uxía, María Salgado, Budiño e traballado xunto con músicos como Jacky Molard, Soïg Sibéril, Wafir e Sebastián Rubio, Värtina, Alasdair Fraser, Javier Bergia, Kepa Junquera, Jaime Muñoz, Tony McManus... Ten tocado en espazos musicais de todo o Estado e noutros paises como Francia, Bélxica, Portugal, Canadá... Compaxina os concertos e gravacións coa sua labor compositiva e coa docencia do acordeón diatónico no Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín.