PEN Clube de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O PEN Clube de Galicia é a sección galega do PEN Internacional composto por escritores en lingua galega ao que se accede por invitación, foi admitido no 53º Congreso que se celebrou en Maastrich en maio de 1989 e foi o organizador, co apoio da Xunta de Galicia, do seu 60º Congreso celebrado en Santiago de Compostela do 6 ao 12 de setembro de 1993. O PEN Clube de Galicia entrega os premios Rosalía de Castro a autores en portugués, castelán, catalán e éuscaro.