Período de semidesintegración
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Na física nuclear e atómica, o período de semidesintegración, tamén chamado vida metade, semivida, hemivida ou sinxelamente período, é o lapso necesario para que se desintegren a metade dos núcleos dunha mostra inicial dunha sustancia radiactiva. Tómase como referencia a metade deles debido ao carácter aleatorio da desintegración nuclear. Hai que evitar confundilo coa vida promedio ou vida media, que representa o promedio de vida dun núcleo.