Pomba de Basilea
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Pomba de Basilea (Basler Taube en alemán) é o nome que recibe o primeiro selo postal que emitiu o cantón suízo de Basilea o 1 de xullo de 1845. Foi o terceiro cantón en emitir selos tras Zürich e Xenebra, o selo tivo validez atao 30 de setembro de 1854.
O selo tiña un valor de 2 1/2-rappen, foi o primeiro selo multicor (branco, vermello e azul claro) e en relevo. O selo representa unha pomba branca nun escudo vermello enmarcado polas letras STADT-POST-BASEL (Correo urbano de Basilea) xa que eran selos locais só válidos para o envío de correos dentro do cantón. O selo foi deseñado polo arquitecto Melchor Berri pero produciuno a compañía alemá Krebs con sede en Frankfurt de Main.
Existe tamén un selo de cor vermello, verde e negro que se emitiu como ensaio sen validez postal.