Ponte da Torre de Londres
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Ponte da Torre de Londres (Tower Bridge en inglés) é unha ponte situada na cidade inglesa de Londres, sobre o río Támese. Atópase xunto á Torre de Londres. Está formada por dúas torres, unha pasarela para coches e peatóns e unha pasarela superior entre ambas torres. A construcción da ponte iniciouse no 1886 e rematou no 1894, e durou 8 anos. Ten unha lonxitude de 286,50 m e unha altura de 43 m. Esta ponte pode ser aberta e cerrada para permitir o paso de barcos de certa altura.
Non debe ser confundido coa Ponte de Londres, outra ponte tamén situada no Támese londinense.