Ponteareas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ponteareas | |
---|---|
Image:Escudo Ponteareas.jpg | |
Situación | |
Xentilicio 1: | Ponteareán |
Xeografía | |
Provincia: | Provincia de Pontevedra |
Comarca: | Condado |
Área: | km² |
Entidades de poboación: | - |
Capital do concello: | |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | - m. |
Altitude mínima: | m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2004) | |
Poboación: | hab. |
Densidade: | hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | % |
Ás veces: | % |
Nunca: | % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 5 (3131 votos -27.31 %) BNG 5 (3255 votos -28.39 %) PSdeG-PSOE 2 (1430 votos -12.47 %) Outros: 5 (3359 votos -29.3 %) |
Alcalde: | Salvador González Solla (P.P.) |
Eleccións municipais en: 'Ponteareas' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | 65.37 - % |
Abstencións: | 34.63 - % |
Votos en branco: | 0.95 - % |
Votos nulos: | 2.13 - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | |
Teléfono: | |
Fax: | |
Código Postal: | |
Correo electrónico: | |
Sitio web oficial: | |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
Concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado.
Poboación en 2005: 21.378 persoas segundo o padrón municipal.
Xentilicio (véxase no Galizionario) : Ponteareán
[editar] Ubicación Xeográfica
O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén, Mondariz, Mondariz-Balneario, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, O Porriño e Mos.
Ocupa unha superficie de 118 km2, con 220 entidades de poboación dispersas nas súas 24 parroquias: Angoares, Arcos, Areas, Arnoso, Bugarín, Celeiros, Cristiñade, Cumiar, Fontenla, Fozara, Guillade, Guláns, Moreira, Nogueira, Santiago de Oliveira, San Mateo de Oliveira, San Lourenzo de Oliveira, Padróns, Paredes, Pías, Ponteareas, Prado, Ribadetea e Xinzo, nas que residen mais de 20.000 habitantes.
[editar] Breve Historia
Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.
Neste territorio, nos primeiros anos do século dezanove, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do Partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados e Salvaterra. Dende entón permanece inalterable na súa estrutura e delimitación xeográfica.
[editar] Véxase tamén
Referencias relacionadas con Galicia |
||