Popeye
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Popeye o mariño é un famoso personaxe de cómic e de curtametraxes de debuxos animados. Foi creado por Elzie Crisler Segar e apareceu por primeira vez na tira cómica Timble Theatre, na edición do "The New York Evening Journal" do 17 de xaneiro de 1927. A caracterización de Popeye trátase dun mariñeiro independente cunha peculiar forma de falar, cos músculos dos brazos super desenrolados e unha omnipresente pipa de cana de millo na súa boca. O seu extraño humor repártese nunha serie de extrañas aventuras ao longo do mundo e ten como eterna confrontación cos seus mortais inimigos e os seus máis queridos amigos. Nin que dicir que a característica máis coñecida deste personaxe é o consumo de espinacas que lle convertían nun ser moi poderoso capaz de castigar aos seus inimigos, por moi poderosos que estos foran.