Portos de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Portos de galicia é un ente público adscrito á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas y Transportes que administra os portos dependentes da Xunta de Galicia.
Comezou as súas actividades en 1996 e xestiona, conserva e explota o desenvolvemento dos 122 portos e instalacións portuarias de Galiza, nos que se desenvolven actividades pesqueiras, marisqueiras, comerciais e náutico-deportivas.
En Galiza existen seis portos de interese xeral que son xestionados polas súas respectivas autoridades portuarias: Ferol-San Cibrao, A Coruña, Vilagarcía, Marín e Vigo.