Praia das Rochas Brancas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Praia das Rochas Brancas, esta situada na zona da parroquia de Piñeira, no Concello de Ribadeo. Ten unha lonxitude de 115 m. e unha anchura media de 12 m. e está medio protexida do vento por un cantil (na beira do faro da Illa Pancha). É unha zona ventosa cun oleaxe moderado, que baña unha area branca e fina. Non dispón de bandeira azul; tampouco de equipo de salvamento, tendo que ser trasladados os feridos a o Hospital Comarcal de Jarrio (Asturias). Existen papeleiras en diversos puntos dela para a recollida do lixo e sinalización do estado do mar. Atopanse aparcamentos a menos de 500 m. o que fai que teña un grao de ocupación de nivel medio (con todo o ser carente de duchas e servicios de hostalería).
A Situación global da praia é de carácter "rustico". A pesares de ter cerca o Porto Deportivo de Ribadeo, pode ser catalogada coma "virxe".