Premios Príncipe de Asturias
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Premios Príncipe de Asturias nacen en 1981, convocados pola Fundación Príncipe de Asturias, e son entregados anualmente en Oviedo, capital do Principado de Asturias. Constitúenn un evento académico de primeira orde, no só pola categoría dos premiados, senón pola composición do xurado.
Os premiados poden ser persoas individuais, institucións ou grupos de traballo de todo o mundo que destacaran na súa traxectoria nalgunha das oito categorías dos galardóns: Artes, Deportes, Ciencias Sociais, Comunicación e Humanidades, Concordia, Cooperación Internacional, Investigación Científica e Técnica ou Letras. Ademais de todos estes, concédese tambén un galardón especial al Pueblo Ejemplar de Asturias, concedido á vila asturiana que realizara ó longo do ano o labor máis meritorio en pro do seu desenvolvemento.
As deliberacións dos distintos xurados (un por cada premio) comezan no mes de maio, prolongándose ata o de setembro, cando se adoita fallar o Premio dos Deportes. As reunións dos xurados lévanse a cabo durante dous días no Hotel da Reconquista, situado en pleno centro da capital asturiana. O segundo día de deliberacións, o presidente do xurado fai público o fallo.
Os premios entréganse no Teatro Campoamor nunha cerimonia presidida polo Príncipe de Asturias, Felipe de Brobón e Grecia (e desde 2004, tamén pola Princesa de Asturias, Letizia Ortiz).
En 2006 a Fundación Príncipe de Asturias celebrou o XXV Aniversario dos Premios cun intenso programa de actividades no que participaron personalidades e institucións que ó longo destes anos foron galardoadas cos Premios nalgunha das súas categorías. Dito programa incluíu a celebración de conferencias, debates, concertos e encontros, e foi inaugurada no mes de abril de [2005] cun acto no que o científico británico e Premio Príncipe de Asturias da Concordia 1989, Stephen Hawking, pronunciou unha conferencia maxistral.
[editar] Categorías
- Premio Príncipe de Asturias das Artes
- Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociales
- Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades
- Premio Príncipe de Asturias da Concordia
- Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional
- Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica
- Premio Príncipe de Asturias dos Deportes
- Premio Príncipe de Asturias das Letras