Provincia de Teruel
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teruel é unha provincia española, parte integrante da Comunidade Autónoma de Aragón. A súa capital é a cidade Teruel.
A superficie da provincia é de 14.809 Km². A súa poboación é de 137.342 hab. (2003), dos que a cuarta parte viven na capital. A densidade de poboación é de 9,27 hab/Km², a menor de entre as provincias de España. Comprende 236 concellos, dos cales a metade son aldeas de menos de 200 habitantes.
De xeografía montañosa, o seu clima é un dos máis duros de Europa pola súa sequedade, que produce diferencias termais de ata 20 graos en poucas horas durante algunhas épocas do ano.
A economía baséase principalmente no cultivo de cereais e no turismo. As precarias infraestructuras de comunicacións das que dispón non lle permiten un satisfactorio desenvolvemento industrial.
Limita con Zaragoza ó norte, e, no sentido das agullas do reloxio, con Tarragona, Castellón, Valencia, Cuenca e Guadalaxara.
[editar] Turolenses famosos
- Luis Buñuel
- Antonio Balaguer Pascual
- David Civera