Provincia de Xaén
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A provincia de Xaén (en español Jaén) é unha das oito provincias que conforman a comunidade autónoma de Andalucía. A súa capital é Xaén.
A súa superficie é de 13.498 km². A súa poboación é de 660.284 habitantes (2005, INE), dos cales, preto dunha sexta parte viven na capital, e a súa densidade de poboación é 48,01/km². Está composta por 97 concellos, entre os cales destacan, xunto coa capital, Linares, Úbeda, Baeza, Andúxar, Martos, Cazorla e Alcalá la Real.
[editar] Xeografia
Na Serra de Cazorla, en Pontones, nace o río Segura, mentres que na Cañada das Fontes, no término municipal de Quesada, nace o río Guadalquivir. Aínda que é unha das provincias españolas menos coñecidas polos turistas, ten moitos lugares interesantes que visitar.
Xaén ten, xunto a outras paraxes naturais protexidas, catro Parques Naturais:
- Parque Natural da Serra de Andúxar.
- Parque Natural de Serra Máxina.
- Parque Natural de Despeñaperros.
- Parque Natural da Sierra de Cazorla, Segura e As Vilas.
A provincia conta tamén con dúas importantes cidades renacentistas: Úbeda e Baeza, que foron recientemente declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A provincia de Xaén é a maior produtora mundial de aceite de oliva. Polo que gran parte da economía xiennense baséase no monocultivo do Olivo.