Proxecto HAARP
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O proxecto HAARP (do inglés High Frequency Active Auroral Research Program , Programa de Investigación de Aurora Activa de Alta Frecuencia) é unha investigación financiada pola Forza Aérea dos Estados Unidos, a Armada e a Universidade de Alasca para "entender, simular e controla-los procesos ionosféricos que poderían cambiar o funcionamento das comunicacións e sistemas de vixilancia". Iniciouse en 1993 para unha serie de experimentos durante vinte anos. É similar a numerosos calentadores ionosféricos existentes en todo o mundo, e ten un gran número de instrumentos de diagnóstico que se usan para mellora-lo coñecemento científico da dinámica ionosférica.
É a evolución do ROTHR, e como o seu predecesor componse de estacións de fragas de antenas que emiten constantemente nunha frecuencia que pode ser sintonizada por receptores de radio en todo o mundo (6,965 Mhz). Tense constancia de que non só emite nesa frecuencia unha serie aparentemente aleatoria de números senón que a súa capacidade transmisora pode ser utilizada para comunicacións en todo o mundo sen necesidade de satélites pero imitando o comportamento destes.
O funcionamento baséase na emisión de ondas electromagnéticas que rebotan na ionosfera e desprázanse a calquera lugar do globo.
As instalacións principais áchanse en Gakona, Alasca.
[editar] Críticas
- A capacidade de calenta-la ionosfera e enviar radiacións focalizadas a puntos concretos do mundo pode ser empregada como un arma xeofísica, é dicir, como un arma coa capacidade de cambia-lo comportamento da meteoroloxía. En febreiro de 1998, o Parlamento Europeo referíase ó proxecto HAARP como unha inquietude global polo seu impacto sobre o medio ambiente. Asimesmo, o Comité do Parlamento Europeo de Política de Relacións Exteriores, Seguridade e Defensa tentou crear un Libro Verde coas implicacións negativas dos programas militares sobre o medio ambiente que foi rexeitado polos EUA por "carecer o comité de xurisdicción".
- A emisión á ionosfera de radiacións para quentala pode interferir nas ondas Schumann, ondas naturais que cubren o planeta e coinciden en frecuencia coas vibracións do hipotálamo (7,8 Hz). Sábese dende o comezo da carreira espacial que a presenza destas ondas é fundamental para a vida. Os astronautas, fora da ionosfera sentían mareos provocados pola falta destas ondas no entorno. Os modernos vehículos espacias levan xeradores destas ondas.