Quimono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
![]() |
Esta páxina contén texto en xaponés. Se o seu navegador non está axeitadamente configurado pode ver caracteres estraños. |
O quimono ou kimono(着物, literalmente cousa para vestir) é unha túnica longa que constitúe o imprescindíbel vestuario tradicional xaponés.
Aínda que actualmente a maioría de xaponeses usa roupa occidental, acostuman a vestir con quimonos os días festivos, especiais ou de uso cerimonial.
Como o quimono é un traxe dunha soa peza, axusta ao corpo de cada persoa, levando un mesmo patrón, xa que normalmente o lado esquerdo envolvese sobre o dereito (de modo invertido se se usa para funeral). A faixaa ancha que se axusta ao quimono recebe o nome de obi, coa que se amarra mediante nó sinxelo.
Índice |
[editar] Estilos
Cada sexo inflúe no tipo de quimono. Nas mulleres, son máis estilizados dependendo da idade, posición social, diseño, estado civil e a estación do ano apropriados, polo que hai diferencias entre casadas e solteiras, xa que entre as primeiras teñen tonos máis conservadores, cortes máis tradicionais e un emprego máis sinxelo do obi; en tanto que as últimas as levan moi coridos, de manga larga e flotante.
[editar] Elaboración
A fabricación é moi complexa e artesanal, debido ás técnicas tradicionais de confección, comezando polo yuuzen, o cal dura 6 meses, logo segue o debuxo de estampado en seda lisa mais sen o tinguido e logo perfílanse os debuxos cunha pasta arroceira resistente aos tintes; dito proceso é arduo e repetitivo, debido aos diversos tons cromáticos e logo procedese aos cosidos do quimono propiamente dito. Os quimonos son moi coloridos xeralmente.
[editar] Historia
Antigamente, utilizábase un vestido de orixe rústica feito de cáñamo e usábase para ambos os sexos, mais cando Xapón recebe mais influencia da cultura chinesa e coreana, tamén o foi a introducción da seda facendo que o quimono fose un traxe suntuoso, enchéndoo de estatus e diferencia sexual, de modo que se criaba unha maior expresión artística en canto ao corido. Na época Heian (794-1185) as mulleres da corte levaban un maior número de quimonos postos no mesmo intre.
Co período Tokugawa (ou de Edo, 1603-1868) cultiváronse con devoción os decorados de quimonos en diversos artistas como Ôgata Kôrin (da escola Rimpa), fixeron que a tradición artesanal da confección chegase a perdurar ata os nosos días, pasando de artesán a artesán: na actualidade estánse aproveitando os materiais sintéticos.
[editar] Tipos de Quimono
[editar] Quimonos Femeninos
As máis importantes son:
- Furisode: Para as solteiras, con chamativos colores, manga larga e corpo enteiro: Úsase para ocasións formais e de festas.
- Hōmongi: Posúe un escudo na espalda, rico en bordados, tecidos e tintes que van desde o pescozo pasando polo brazo, logo pola dianteira e ao final polo posterior: Úsase tanto para ocasións formais e informais.
- Iromugi: De varios escudos, común para os novos e de uso semiinformal.
- Mochigi: De manga curta, diseños e cores sobrias e sinxelas.
- Mofuku: De cor negra e usado exclusivamente para funerais, cun fondo interiormente branco e varía coas estacións, tanto para solteiras como para casadas.
- Tomesode: De cor negra, posúe ata 5 escudos de familia Kamon e usado para casadas en ocasións formais e matrimonios con parentes achegados.
- Tsukesage: Sen escudos, de uso semiinformal e os bordados, tintes e tecidos veñen dede o ombreiro en man esquerda, así como na man dereita e ao posterior.
[editar] Quimonos Masculinos
Para os homes, teñen os seus diversos estilos e características, compónse de dous partes:
- Hakama: Que é un pantalón folgado que ás veces se usa en artes marciais e posúe ata 7 pregues, cada un representa as virtudes do guerreiro tradicional.
- Haori: É un saco de amplo cordón trenzado (Himo).
[editar] Quimono de verán
Coñécese máis co nome de Yukata, xa que está fabricado de algodón e usabase antigamente como bata nos días cálidos e co tempo nos festivais de verán.