Ría de Muros e Noia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Atención: Este artigo precisa un traballo de revisión.
Por favor vexa a lista de Artigos con problemas e mellóreo de acordo coas indicacións que aparecen nesa páxina. Cando os problemas se resolvan retire esta mensaxe e borre a páxina da lista de artigos con problemas, pero por favor non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado.
Das chamadas Rías Baixas, a ría de Muros e Noia é a que está situada máis ó norte. Tódas as rías teñen o seu río polo que nun principio se foron artellando. A de Muros e Noia foise formando na desembocadura do río Tambre.
É precisamente son as augas do Tambre as que orixinan na súa confluencia co mar, un habitat no que se desenrolarán os bivalvos que serán o motor económico dos pobos que a circundan. As ameixas e os berberechos, do melloriño de Galicia, acadan boas proporcións nos tempos da colleita, a partir do mes de setembro, nos lombos de Testal e o Freixo, grazas a esa simbiose entre as augas doces do Tambre e a salinidade que aporta o océano Atlántico.
As mansas augas da ría comezan a partir da praia da Aguieira no Porto do Son, pola súa beira sur, e rematan na praia de San Francisco en Louro, pola súa parte norte. Nese remanso, as augas bican praias a parte das xa citadas, como "As gaivotas" en Portosín, "Testal" en Noia, "Broña" en Outes, Esteiro e "Cabanas" en Muros, etc, etc. onde tomar o sol un día de verán carga os corpos humanos de vitamina D para o resto do ano.
Entre os pobos a destacar os que dan nome á ría: Muros, fundada detrás do monte Louro como un pobo mariñeiro agochado da vista de piratas e de corsarios alá polo século XVI e XVII e Noia, vila medieval por excelencia que non debe ninguén deixar de visitar polo menos unha vez cada ano. Tamén outra vila mariñeira que ten o seu encanto é Porto do Son, onde se mestura o turismo e o mar, a area das praias e o polbo das rochas, as nécoras e as bandeiras azuis das súas praias. Portosín é outro pobo que pertence ó concello de Porto do Son, situado a cinco kms de Noia, que nos últimos anos está a experimentar un "boom" urbanístico que fixo desaparecer aquela imaxe de pobo mariñeiro que nacera precisamente a carón das excelentes sardiñas que pescaban os seus barcos polo medio da ría.