Río Orinoco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Orinoco | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Altitude da fonte: | 1047 msnm | |||||
Lonxitude: | 2140qm | |||||
Caudal medio: | 33000 m³/s | |||||
País: | Colombia e Venezuela | |||||
Desemboca | Océano Atlántico |
Un dos ríos máis largos de Sudamérica. Nace en Parima, Venezuela, cerca da fronteira con Brasil, fai un gran arco primeiro cara o Sudoeste, logo cara o oeste, e logo cara o norte, ata a fronteira con Colombia, para tomar dirección nordeste cara o Océano Atlántico percorrendo un total de 2.140 quilómetros.
A desembocadura forma un inmenso delta ramificado en centos de ríos que abarcan unha extensión de 41.000 Km² de selva húmida. A maioría dos ríos de Venezuela son tributarios do Orinoco, o máis grande deles é o río Caroní. O Orinoco é navigable en practicamente toda a súa extensión, permitindo o tráfico de barcos oceánicos ata Ciudad Bolívar, a 435 km da desembocadura.
O río Casiquiare forma unha canle natural entre o Orinoco e o Amazonas. Iníciase como un brazo do Orinoco pero remata desembocando no río Negro que é un afluente do Amazonas.
A rexión de chairas aluviais ó norte do Orinoco, cuxa altitude non supera os 100 m, inúndase na época de choivas, deixando o resto do ano terreos cuxa vexetación é de pastizais tropicais de sabana.