R.E.M.
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
R.E.M. | |
---|---|
R.E.M. en directo{{{caption}}} |
|
Orixe | |
País | Estados Unidos |
Período | Athens, Xeorxia |
Xénero(s) | Rock |
Selo(s) discográfico(s) | |
Membros | |
Antigos membros | |
Web oficial |
R.E.M. e unha banda de rock estaunidense creada en 1980. Está formada por Michael Stipe (voz), Peter Buck (guitarra), Mike Mills (baixo) e Bill Berry (batería); este último deixou o grupo en 1997.
Índice |
[editar] Biografía
R.E.M. marca o punto na historia do rock onde o post-punk convértese en rock alternativo. Dende o primeiro sinxelo Radio Free Europe, lanzado en 1981, xerou un movemento "de volta ao garaxe" no underground estadounidense. Mentres existía un número grande de bandas hardcore e punk nos Estados Unidos durante o inicio dos anos 80, R.E.M. trouxo de volta o pop-rock de finais dos anos 60 dun xeito tan única que soaba ao mesmo tempo tradicional e moderno. A pesares de non haber grandes innovacións na súa música, R.E.M. ten unha identidade e unha actitude que transformou o underground estadounidense.
Ao longo dos anos 80, eles traballaron incansablemente, lanzando discos todos os anos e con xiras constantes en teatros e pequenos clubes. Pasaron anos ata que R.E.M. alcanzou a cima das listas, pero dende o principio, dende o lanzamento do EP Chronic Town en 1982, a banda ven conquistando a admiración e o respeto do seu público sempre en aumento. Chronic Town establecía unha mestura de folk e garage rock que convertíuse na marca rexistrada da banda durante os seguintes cinco anos.
A finais dos anos 80 o público da banda medrara o suficiente para garantir grandes vendas, pero o grande éxito comercial do álbum Document de 1987, empurrado polo sinxelo "The One I Love" foi inesperado, especialmente porque o R.E.M. pouco cambiara no seu son e na súa actitude diante dos medios. Despois de Document, a banda lentamente converteuse nunha das máis populares do mundo. Logo dunha exhaustiva xira internacional de presentación do álbum Green, de 1988, R.E.M. parou coas xiras e concentrouse no estudio, cando gravou os seus álbumes máis exitosos: Out of Time (1991) e Automatic for the People (1992).
[editar] Discografía completa
- Chronic Town EP - 1982
- Murmur - 1983
- Reckoning - 1984
- Fables of the Reconstruction - 1985
- Lifes Rich Pageant - 1986
- Dead Letter Office - 1987 Caras-B
- Document - 1987
- Eponymous - 1988 Recopilatorio
- Green - 1989
- Out of Time - 1991
- The Best of R.E.M. - 1991
- Automatic for the People - 1992
- Monster - 1994
- New Adventures in Hi-Fi - 1996
- Up - 1998
- Reveal - 2001
- In Time - The Best of R.E.M. 1988-2003 - 2003 Recopilatorio
- Around the Sun - 2004