Ramón Rey Baltar
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Ramón Rey Baltar (Padrón 5 de abril de 1882 - Gerli, Arxentina 1969) foi un escritor e xornalista galego.
Médico de profesión exerceu en Padrón e en Bos Aires. Fundador do xornal El Barbero Municipal de Rianxo, onde Castelao comezou a súa traxectoria pública, tamén foi director do xornal bonaerense A Nosa Terra e presidiu a Irmandade Galega. Publicou o libro de versos A gaita a falare. Lembranzas e maldicións (1939), texto precursor da poesía civil.