Realización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
realización s.f.
- Acto ou efecto de realizar ou realizarse algo. A realización dese proxecto durará algúns anos.
- Realización fonética
Cada unha das emisións físicas de voz na linguaxe humana, materia de estudo da fonética. Non debe confundirse co fonema, xa que no caso da realización non intervén ningunha interpretación mental. Por exemplo, inda que nós interpretemos que cando se pronuncia o B (teoricamente oclusivo) de bosta, abstinencia, móbil e mesmo ver son os mesmos, en realidade non son tan parecidos: mentres que o primeiro é bilabial, o segundo está enxordecido, o terceiro está realizado coma aproximante e (nalgúns casos, por exemplo na pronuncia esaxerada arxentina) o cuarto se realiza coma fricativa sonora. Estas modificacións poden ser perceptibles en maior ou menor medida segundo a práctica lingüística (por exemplo, o portugués estándar distingue o B do V coma fonemas distintos porque un ten o trazo distintivo da sonoridade e o segundo o da xordez). A este fenómeno de modificación se lle chama regresión fonética ou modificación regresiva se o cambio depende dos fonemas ou sons posteriores ou progresión fonética ou modificación progresiva se depende dos anteriores.
Algunhas destas modificacións tamén se dán entre palabras por fonética sintáctica (v. sandhi) e mesmo poden chegar a gramaticalizarse en fenómenos morfolóxicos (v. lenición).