Redes Escarlata
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As Redes Escarlata son un colectivo de intervención sociocultural xurdido en Santiago de Compostela no mes de maio de 2001. No seu primeiro manifesto público preséntanse como organización de esquerdas pola independencia de Galicia e contra o neoliberalismo.
Entre as súas actividades destacan propostas coma o Baleirado da Cultura (Ourense, outono de 2002), a obra poética colectiva Xuro que non volverei pasar fame (2003) e recoñecidos traballos de información e de axitación coma o que levaron a cabo desde a súa web con motivo do afundimento do Prestige (2002 e 2003). Nela aparecen, ademais, manifestos sobre o cinema galego, os dereitos sexuais, a cuestión do idioma, o dereito á ocupación, a invasión de Iraq, etc. Tamén colaboran activamente na defensa da galeguidade lingüística e cultural das comarcas estremeiras.
A organización fai entrega anualmente do Premio Roberto Vidal Bolaño a asociacións ou personalidades que se distinguen "pola súa defensa da emancipación das clases populares e da República galega". Coa mesma periodicidade as Redes Escarlata impulsan as xornadas Un debate, mil repúblicas e todo tipo de performances, conferencias e actos solidarios e reivindicativos.