ReNova Galiza
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
reNOVA GALIza é unha revista editada en Cataluña polo Foro Cívico Galego de Barcelona. Pretende ser a herdeira renovada e actualizada da tradición de publicacións galegas na emigración, neste caso en Cataluña. Unha tradición que comezou coa revista Nova Galiza, fundada en Barcelona por Castelao e Dieste en 1937. Tamén Nueva Galicia. Portavoz de los antifascistas gallegos (1936-1938) que, fundada en Madrid, chegouse a editar durante un tempo da súa andaina tamén na cidade de Barcelona.
O primeiro número da revista viu a luz no ano 2005. Posteriormente, entre os meses de xullo e setembro do ano 2006, foron presentados tanto o segundo número como o extra dedicado ós galegos e as galegos do mundo. (A Galiza global).
Equipo de redacción actual:
Camilo F. Valdehorras (Director), Suso Mon (subdirector), Aurelio Castro Varela (xestor-xornalista), Pablo Aguiar Fernández, Xosé Antón Armesto, Paco Castro, Helena Domínguez, Judith Vázquez Álvarez, Sonia Villapol.