Renderización
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A palabra renderización vén do inglés rendering e define un proceso de cálculo complexo desenvolvido por un ordenador destinado a xerar unha imaxe ou secuencia de imaxes. A tradución literal sería "interpretación", tamén se empregan coloquialmente os termos "renderizar" e "renderizado".
A renderización aplícase ós gráficos por ordenador, máis comunmente á infografía, aínda que é aplicable tamén a procesos 2D como a edición de vídeo ou o filtrado de imaxes.
Na infografía este proceso desenvólvese co fin de imitar un espazo 3D formado por estruturas poligonais, comportamento de luces, texturas, materiais, animación, simulando ambientes e estruturas físicas verosímiles, etc. Unha das partes máis importantes dos programas dedicados á infografía son os motores de renderización os cales son capaces de realizar técnicas complexas como radiosidad, raytrace (trazador de raios), iluminación global, etc.
Cando se traballa nun programa de deseño 3D por computadora, non é posible visualizar en tempo real o acabado final desexado dunha escena 3D complexa xa que esto require unha potencia de cálculo demasiado elevada. Por iso óptase por crear o contorno 3D cunha forma de visualización máis simple e técnica e logo xerar o lento proceso de renderización para conseguir os resultados finais desexados.