Reserva da biosfera
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As reservas da biosfera son zonas con ecosistemas terrestres ou costeiros/mariños, on unha combinación dos mesmos, recoñecidas no plano internacional como tales no marco do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB) da UNESCO.
Co conxunto de reservas da biosfera, créase a Rede Mundial de Reservas da Biosfera, da que fan parte 482 en 102 países (a mediados de 2005).
Con esta designación, a UNESCO pretende que se leve a cabo unha demarcación, xestión e conservación destes ecosistemas e da súa biodiversidade. Nunha reserva da biosfera débese incluir unha área central protexida, unha área tampón na que se prohiben actividades non relacionadas coa súa conservación e unha zona de transición na que só se permiten actividades aprobadas. Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.