Robert Jarni
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Jarni (nado o 26 de Outubro de 1968 en Čakovec) é un futbolista internacional por Croacia.
Os clubes onde Jarni xogou son Hajduk Split (1986-91), A.S. Bari (1991-93), Torino (1993-94), Juventus (1994-95), Real Betis (1995-98), Real Madrid (1998-99), Las Palmas (1999-2001) and Panathinaikos (2001-02).
É o xogador con máis encontros internacionais desputados por Croacia, cun total de 81. Destaca sobre todo pola súa aportación ó terceiro posto da selección no mundial de 1998.
Robert Jarni xogaba en calquera posición da banda esquerda, destacando pola súa velocidade e precisos centros. Tamén era un gran lanzador de faltas.