Robert Newton
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Robert Newton (Shaftesbury, Dorset, Inglaterra, 1 de xuño de 1905 – Los Angeles, 25 de marzo de 1956) foi un actor inglés.
A súa filmografía inclúe varios malvados famosos: Bill Sikes, na versión de Oliver Twist de David Lean (1948), Javert na película Les Misérables de 1952 e o Inspector Fix na súa derradeira película, Arredor do mundo en oitenta días (1956.
Mais o seu personaxe máis notábel é o de Long John Silver, no filme A Illa do Tesouro, de Walt Disney Pictures (1950). A este seguiron outro, sen relación, titulado Retorno á Illa do Tesouro (1954) e mesmo unha serie de televisión en 13 episodios. A súa representación de John Long Silver converteuse co tempo no prototipo do pirata. Newton tamén representou o outro famoso pirata de Bristol, Barbanegra, na película Barbanegra, pero nunca chegou á altura de Long John Silver.
Newton apareceu en papeis principais en dous filmes baseados na novela curta de W. Somerset Maugham O baixel da ira: o controlador holandés na versión de 1938 e o papel principal en The Beachcomber (1954). Protagonizou como o sombreireiro James Brodie O Castelo de Hatter (1945) e tamén estivo no Henrique V de Laurence Olivier (1944).
Sobre o escenario, apareceu en moitas obras de Noel Coward.
Xunto con Errol Flynn, Newton foi un dos actores máis populares entre o público xuvenil masculino dos anos 1940 e primeiros 1950, especialmente entre os británicos. Morreu dun ataque ao corazón aos 51 anos.
[editar] Filmografía escollida
- Fire Over England (1937)
- Jamaica Inn (1939)
- Major Barbara (1941)
- This Happy Breed (1944)
- Odd Man Out (1947)
- Oliver Twist (1948)
- Treasure Island (1950)
- Tom Brown's Schooldays (1951)
- Soldiers Three (1951)
- Les Miserables (1952)
- Blackbeard, the Pirate (1952)
- Androcles and the Lion (1952)
- The Desert Rats (1953)
- The Beachcomber (1954)
- The High and the Mighty (1954)
- Return to Treasure Island (tamén coñecida como Long John Silver) (1954)
- Around the World in Eighty Days (1956)