Romano II
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Romano II (939 - 963) sucedeu ao seu pai Constantino VII como emperador bizantino á idade de vinte e un anos, e morreu en 963, segundo se cre, envelenado pola súa segunda esposa, a emperatriz Teófano. Aínda pequeno, foi desposado con Berta, filla ilexítima de Hugo de Arlés, rei de Italia -a cal cambia o seu nome a Eudocia ao converterse á igrexa ortodoxa-; pero cando Hugo abdicou do trono de Italia e morreu en 947, e tamén morreu Berta en 949, Romano fixo cumprir a promesa do seu pai que lle permitía elixir á súa propia esposa. A elección de Romano recaeu nada menos que na filla dun taberneiro chamada Anastaso, coa que casou, tomando esta o nome de Teófano.
Foi un emperador amante dos praceres, pero tamén foi sensato na elección dos seus ministros. O gran acontecemento do seu reinado foi a reconquista de Creta, tomada aos árabes polo seu xeneral e sucesor no trono Nicéforo Focas en 961.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino VII |
Romano II (959-963) |
Precede a: Nicéforo II |
Dinastía Macedonia |