Saqueo de Roma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Saqueo de Roma aconteceu o 6 de maio de 1527, cando dezoito mil soldados do exército Imperial de Carlos V e mercenarios alemáns comandados por Jorge de Frundsberg, ao servizo do Condestable de Borbón, tomaran de asalto a Cidade Eterna. Este episodio terrible, que se inclúe na segunda guerra entre o emperador Carlos V e o rei francés Francisco I, acabou coa preeminencia do papado Renacentista. O saqueo foi horrible, mesmo de acordo cos padróns da época, tendo as tropas saqueado a cidade durante oito dias. Un baño de sangue correu polas rúas da cidade, e por todos lados se verificaron pillaxes, violacións e torturas contra a poboación.