Scarlett Johansson
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Scarlett Johansson (22 de novembro, 1984) é unha actriz americana. Saltou á fama en 1998 co seu papel en The Horse Whisperer ¨O home que susurraba ós cabalos¨ pouco a pouco foi gañando fama grazas a súa crítica polos seus papeis en Ghost World, Lost in Translation e Girl with a Pearl Earring, ¨A nena da perla¨ o que lle levaron a dúas nominacións ós Globos de ouro ¨Golden Globe Award¨ no 2003.Tamén foi nomeada a muller máis ¨Sexy¨ e máis fermosa do cine actual por diversas publicacións.
[editar] Biografía
Johansson naceu na cidade de Nova York . O seu pai, Karsten Johansson, é un arquitecto Danés, o seu avó paterno, Ejner Johansson, era guionista e director. A súa nai, Melanie Sloan, provén duna familia xudía Americana do Bronx [1] e coñeceu a Karsten Johansson mentres viaxaba coa súa nai a Dinamarca.[2] Johansson ten unha irmá maior, Vanessa, que tamén é actriz; e un irmán maior, Adrian; tamén ten un irmán xemelgo, Hunter, e un medio irmán chamado, Christian.