Selección nacional de tenis de mesa de Galicia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A selección galega de tenis de mesa xogou o seu primeiro partido internacional o 15 de xullo de 2006 en Santiago, fronte a Portugal. O encontro foi de carácter amigábel, e rematou con derrota galega por 0-5.
O partido desenvolvíase no marco do trofeo Galiza de seleccións. Os xogadores galegos foron Hadrián Vidal, Xoán Enseñat, Valeri Malov e Xacobe Enseñat. O seleccionador foi Fernando Xosé Padín.