Serie química
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Unha serie química ou familia é un grupo de elementos químicos que teñen propiedades físicas e químicas semellantes, variando estas de forma máis ou menos importante dentro do grupo. Estas familias delimitáronse atendendo a distintos criterios: configuración electrónica, carácter metálico, etcétera.
Antes da creación da táboa periódica dos elementos, que se fixo tentando organizar os elementos segundo as súas propiedades químicas, xa se observaran algunhas familias.
Algunas delas corresponden exactamente con grupos (columnas) da táboa periódica; isto non é unha coincidencia, xa que as propiedades físicas dos elementos dun grupo proveñen de ter unha configuración electrónica semellante, que fai que estos elementos se coloquen no mesmo grupo da táboa periódica.
Ordenados en grupos (columnas) son importantes e teñen un nome recoñecido:
- Alcalinos (grupo 1)
- Alcalinotérreos (grupo 2)
- Halóxenos (grupo 17)
- Gases nobres (grupo 18)
Os outros grupos soen ser chamados polo nome do elemento cabeceira do mesmo: o grupo 16 é o grupo do osíxeno, o 14 é o grupo do carbono, etcétera. Tamén reciben outros nomes en desuso:
- Metales de acuñar (cobre, prata e ouro: grupo 11)
- Elementos térreos: grupo do boro (grupo 13)
- Elementos carbonoides: grupo do carbono (grupo 14)
- Elementos nitroxenoides: grupo do nitróxeno (grupo 15)
- Elementos calcóxenos o anfíxenos: grupo do osíxeno (grupo 16)
É frecuente dividir aos elementos en bloques dentro da táboa periódica:
- Bloque s
- Bloque p
- Bloque d
- Bloque f
- Bloque g
Os elementos do bloque f tamén son coñecidos como tierras raras ou elementos de transición interna. Divídense en dúas series, e o normal é chamalos polos nomes destas:
Os elementos do grupo s e p son coñecidos conxuntamente como:
- Elementos representativos
Segundo as características metálicas dos elementos, estos tamén poden ser divididos da seguinte xeito:
- Metais alcalinos e metais alcalinotérreos
- Metais de transición (e metais de transición interna)
- Metais do bloque p
- Metaloides ou semimetais
- Non metais
Aínda que a fronteira entre metais e non metais é difusa.
Finalmente, otras familias de elementos son: