Servilia Cepionis
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Servilia Cepionis (séculos II-I adC) é unha das poucas mulleres romanas citadas polas fontes antigas. Era unha patricia, filla de Quinto Servilio Cepio o novo e de Livia Drusa. A través da súa nai era tamén hermanastra de Catón o Novo.
Servilia creceu na casa do tribuno Marco Livio Druso, un tío materno, despois do escandaloso divorcio dos seus pais. Posteriormente casou con Décimo Xunio Bruto, un descoñecido na escea política. De este casamento Servilia tivo un único fillo Marco Xunio Bruto, un dos asasinos de Xulio César. Posteriormente casou con Décimo Xunio Silano, o cónsul do ano 42 adC, relación da cal naceron tres fillas, todas chamadas Xunia. Xunia Secunda casaría con Marco Emilio Lépido, o futuro triunviro (xunto con Augusto e Marco Antonio). Xunia Tertia, a máis nova das fillas, casaría con [Caio Casio Longino], outro dos asasiños de César.
Pero a maior contribución de Servilia á historia, aparte do ser fillo, foi o feito de ser a amante de Xulio César. Aínda a pesar de ser maior ca el, un feito inaudito na Roma daquela época. O contrario que as outras mulleres romanas, e quizais por mor da súa idade, Servilia non tiña a pacicencia para esperar sentada por César. Esta ousadía puido causar que a súa relación se fisexe pública. Unha anectdota famosa conta que, durante a reunión do senado na que se discutía a conspiración de Catilina, Servilia mandoulle a César una carta de amor. Este tratou de ler a mensaxe discretamente pero Catón, o seu maior inimigo, viuno e acusouno de estar involucrado na conspiración. Cesar afirmou que a mensaxe era da sua amante pero Catón, non creendose unha excusa tan aparentemente pueril, desafiouno a probalo quitandolle a mensaxe das mans. Desafortunadamente para el, César tiña razón; era certamente una carta de amor da sua amante Servilia, a hermanastra do propio Catón. Isto converteuse rapidamente nun pequeno escándalo persoal. Servila tivo que divorciarse do seu marido e os senadores romanos empezaron a preocuparse pola imaxe pública das súas casas. Mentres, César facíase famos por parecer que se deitaba coas mulleres dos seus inimigos políticos.
Como proba do aprecio que tiña César por Servilia, Suetonio cita varios casos: César regaloulle, durante o seu primer consulado, unha perla valorada en máis de seis millóns de sextercios. Tamén César, xa duranta a guerra civil, ofreceulle descontos nas poxas públicas que, según Cicerón, foran rebaixadas un tercio do seu valor ("tertia" en latín). De feito, pensabase que isto era debido a que Servilia ofrecera a sua propia filla Xunia Tertia cando o seu interes empezara a desaparecer. Tamén se rumoreaba que César era o pai da rapaza, pero e dubidoso que ambos rumores fosen certos á vez. A relación de Servilia con César durou dende o ano 63 adc ata o asasinato deste último no 44 adC
Despois do asasinato de César por parte do seu fillo Bruto (e o seu xenro Casio), os conspiradores reunironse na casa de Servilia e o seu consello foi tido en conta (aínda que non hai probas de que estivera involucrada na conspiración). A pesares diso, Servilia puido escapar indemne das purgas do segundo triunvirato. Despóis da morte de Bruto, cuxas cinzas foronlle enviadas dende Filipos, viviu o cuidado de Tito Pomponio Atico, amigo de Cicerón, ata a sua morte por causas naturais.
Unha ficticia Servilia apareceu en 2005 na serie de televisión Roma, protagonizada por Lindsay Duncan. Na serie Servilia aparece como a principal promotora do asasinato de César, ademais dunha rival da súa sobriña Atia, feitos que son máis ficticios que históricos.