Shusaku Endo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Shusaku Endō (遠藤 周作; Toquio, 1923 - 1996) foi un escritor xaponés.
Viviu os seus primeiros anos en China, logo da separación dos seus pais en 1933 regresou coa súa nai a Toquio, e converteuse ao catolicismo, a fe da súa nai, en 1934. Estudou literatura francesa nas Universidades de Keido e de Lión, licenciouse en 1953 e aínda que nos seus anos de estudante comazara a escribir artigos de crítica literaria, as súas primeiras novelas apareceron en 1955, O home branco e O home amarelo.
Os seus libros reflicten moitas das súas experiencias de infancia, o que inclúe o estigma de ser diferente, e en moitos dos seus libros o seu catolicismo adquire un papel central, frecuentemente compárase a súa obra coa de Graham Greene polos conflitos morais que viven os seus protagonistas e pola escrita psicolóxica das súas novelas.
[editar] Obras
- O home branco (1955)
- O home amarelo (1955)
- O veleno e o mar (1957), sobre experientos médicos que se realizaron durante a Segunda Guerra Mundial sobre prisioneiros de guerra norteamericanos.
- Obakasan (1960), sobre un francés que visita o Toquio de posguerra.
- Silenzo (1966), o primeiro éxito de vendas do autor, considérase a súa mellor obra, relata o labor dos misioneiros portugueses no Xapón do século XVII
- O país dourado (1970), teatro, con moitas semellanzas con Silenzo
- Samurai (1980), a súa novela máis vendida, conta a historia do samurai Hasekura Tsunenaga, que enviado como embaixador a España a comezos do século XVII convértese ao cristianismo.
- Río profundo (1994), novela que resume toda a súa obra e os seus dilemas espirituais e morais