Silvia Jato
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Presentadora de televisión nacida en Lugo o 7 de xuño de 1971.
Tras acaba-la carreira de Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade CEU de Madrid, fixo algúns traballos como modelo de pasarela. Logo pasaría en 1992 a formar parte do persoal da CRTVG e presentaría o programa de variedades "Sabor a ti", o especial fin de ano 1991 titulado "Sabor 92", o maganize matinal "Na casa", a "Gala pro-Bosnia", a "Gala Santiago de Compostela, Capital Cultural Europea do ano 2000" e a "Pasarela de Estrelas" de 1995 e 1996. En 1996 é contratada por Antena 3 Televisión nun principio para o lanzamento da súa canle internacional e logo presenta Noche de Impacto xunto con Carlos Hirschfeld, Impacto TV, Mírame e Pelopicopata. Dende o verán do 2000 presenta o concurso Pasapalabra, no que entregou o meirande premio na historia da televisión española: 1.023.000 €. Neste tempo volveu á televisión galega para a gala de moda "Pazo de Mariñán" en 1996 e a súa segunda edición de 1997 chamada "Mariñán, pazo moda".
Además, Silvia Jato conta cunha destacada carreira coma modelo publicitaria e de pasarela, tras gañar os títulos de Miss Nacional e Miss Fotoxenia en 1989, Primeira Dama de Honor de Miss Europa 1991, concurso no que foi elixida tamén Miss Fotogenia e Miss Simpatía de Europa.