Sindicato Obreiro Galego
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.
Fundouse en maio 1975 cando o Fronte Obreiro da UPG decide transformase nun sindicato. Formou parte da AN-PG.
En abril de 1976 realizou a súa primeira Asemblea Xeral. Desapareceu en marzo de 1977 para dar paso á Intersindical Nacional Galega (ING)