Snipe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Clase Snipe | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() |
||||||||||
|
O snipe é unha embarcación a vela deseñada por William Crosby en 1931 e unha clase competitiva do deporte da vela. Na actualidade non é unha clase olímpica.
[editar] Historia
Nunha asemblea da Florida West Coast Racing Association celebrada en Sarasota (Florida), en marzo de 1931, xurdiu a idea de crear unha pequena embarcación de regatas que puidese transportarse fácilmente nun remolque. William Crosby, enxeñeiro naval e director da revista "Rudder", que asistía á asemblea, comprometeuse a realizar o proxecto e a publicar os planos do barco na súa revista, para darlle a maior promoción posible. O nome de snipe (becacina cabra en galego), elixiuse seguindo o costume de Crosby de darlle nomes de aves acuáticas a todos os seus deseños. O resultado foi un éxito. No ano 1932 xa se fabricaran 150 unidades, e formouse a Snipe Class International Racing Association (SCIRA), converténdose en xullo de 1936 na clase co maior número de embarcacións do mundo.
O primeiro Campionato Mundial da Clase, que se denomina "'Trofeo Hub E. Isaacks'", desputouse en Long Island Sound (Nova York) en 1934, organizado polo New Rochelle Yacht Club. Pero cando se converteu realmente nun verdadeiro Campionato do Mundo con categoría internacional foi en 1946, na edición celebrada no Lago Chautauqua, tamén en (Nova York) . En 1947 celebrouse por primeira vez fóra dos Estados Unidos, no Lago Leman de Xenevra, en Suíza.
Na actualidade é unha das embarcacións de vela lixeira máis populares que existen, con preto de 900 flotas en 26 países, e converteuse na columna vertebral da vela de competición. O deportista galego máis destacado nesta categoría foi Cholo Armada, que en 1960 quedou subcampión de Europa e en 1961 cuarto do mundo nunha tripulación co tamén vigués Xulio Ribó.
[editar] Campionatos do mundo - Trofeo Hub E. Isaacks
O Trofeo Hub E. Isaacks, doazón do primeiro comodoro da SCIRA, e propiedade da SCIRA, concédeselle á flota do patrón gañador, que se responsabiliza de custodialo e conservalo, así como de enviarllo debidamente embalado ao lugar designado para o seguinte campionato. O nome do patrón gañador, o ano, o nome da súa flota e o do seu país de orixe gravaranse de forma uniforme sobre o trofeo. Desde 1949 despútase cada dous anos, no canto de anualmente. Durante 1943 e 1944 non se desputou, debido á Segunda Guerra Mundial.
[editar] Palmarés
Ano | Patrón e país | Clube |
1934 | ![]() |
Dallas Sailing Club |
1935 | ![]() |
Wichita Falls, Texas |
1936 | ![]() |
Sea Cliff Yacht Club |
1937 | ![]() |
Western Long Island Sound |
1938 | ![]() |
Lake Mohawk |
1939 | ![]() |
Oakland |
1940 | ![]() |
Los Angeles Yacht Club |
1941 | ![]() |
Los Angeles Yacht Club |
1942 | ![]() |
Lake Lakawanna |
1945 | ![]() |
Balboa |
1946 | ![]() |
Balboa |
1947 | ![]() |
Wichita, Kansas |
1948 | ![]() |
Club Náutico San Isidro |
1949 | ![]() |
Wichita, Kansas |
1951 | ![]() |
Club Náutico San Isidro |
1953 | ![]() |
Centro de Vela da Mocidade Portuguesa |
1955 | ![]() |
Tugillio |
1957 | ![]() |
Real Club Marítimo del Abra-Real Sporting Club |
1959 | ![]() |
Copenhague |
1961 | ![]() |
Saco de São Francisco |
1963 | ![]() |
Saco de São Francisco |
1965 | ![]() |
Saco de São Francisco |
1967 | ![]() |
Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros) |
1969 | ![]() |
Mission Bay |
1971 | ![]() |
Mission Bay |
1973 | ![]() |
Real Club Mediterráneo |
1975 | ![]() |
Real Club Mediterráneo |
1977 | ![]() |
Río Grande do Sul (Veleiros do Sul) |
1979 | ![]() |
Island Bay |
1981 | ![]() |
Mission Bay |
1983 | ![]() |
Río de Xaneiro (Rio Yacht Club) |
1985 | ![]() |
Club Náutico San Isidro |
1987 | ![]() |
Río de Xaneiro (Rio Yacht Club) |
1989 | ![]() |
Yacht Club Uruguayo |
1991 | ![]() |
Club Universitario de Buenos Aires |
1993 | ![]() |
Club Náutico San Isidro |
1995 | ![]() |
Club Náutico San Isidro |
1997 | ![]() |
Río de Xaneiro (Clube do Rio de Janeiro) |
1999 | ![]() |
A Habana |
2001 | ![]() |
Río Grande do Sul (Clube dos Jangadeiros) |
2003 | ![]() |
Miami (Coconut Grove Sailing Club) |
2005 | ![]() |
Miami (Coconut Grove Sailing Club) |