Sonia Castiñeiras
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sonia Castiñeiras Neira é unha actriz galega.
Participou na fundación da compañía Tacón Teatro,coa que levou a cabo o expectáculo "Banalidades Ováricas", participou na montaxe de Os vellos non deben de namorarse, e interpretou a Leonor na serie da Televisión de Galicia, Rías Baixas (tempadas 2000-2005). No verán do 2005 participou na tv-movie "Música secreta", producida polo Institut de Cinema Catalá e dirixida por Joan Mallarach. En outubro do 2006 fixo un epísódico na serie de TVG, "A vida por diante", producida por Vozaudiovisual. E en decembro de 2006 prestou a súa imaxe nun spot de promoción turística, producido por Saga Tv.Colaborou coa Escola de Cine de Vigo, en dúas curtametraxes. E tamén participoou na produción de dous video-clips do grupo XL, de pop-electrónico de Vigo.