Sublimación (psicoloxía)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A sublimación consiste en cambiar o obxecto pulsional (do desexo) do suxeito por outro obxecto, desexualizándoo para facelo pasar a través da conciencia xa que os nosos desexos son reprimidos e gardados no inconsciente. A sublimación é como unha forma de "enganar" a nosa consciencia para levar a cabo o desexo sublimado. Sería como derivar o desexo e realizalo por outro camiño. En publicidade, a sublimación é un recurso creativo no que se esaxeran situacións da vida cotiá dun grupo obxectivo. Tamén se emprega para esaxerar as calidades dun produto ou servizo, as súas características ou ingredientes.