Tantalio (elemento)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O tantalio é un elemento químico de número atómico 73 que se sitúa no grupo 5 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ta. Trátase dun metal de transición raro, azul grisáceo, duro, presenta brillo metálico e resiste moi ben a corrosión. Atópase no mineral tantalita. É fisiolóxicamente inerte, polo que, entre as súas variadas aplicacións, pódese empregar para a fabricación de instrumentos quirúrxicos e en implantes.